O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo ofrece módulos de poesía impartidos por Silvia Penas do 9 de setembro ao 13 de novembro de 2025. A programación ten como obxectivo espertar no alumnado o gusto pola poesía e potenciar as súas capacidades expresivas. Busca tamén afondar nos valores da poesía galega, tanto tradicional coma contemporánea, ao tempo que favorece a memoria, a imaxinación e a oralidade.
Fonte: Concello de Vigo
Sección:



