O Museo da Terra de Miranda reabriu as súas portas tras catro anos pechado por obras. A partir de agora, o mirandés pasa a ser a lingua principal para a acollida do público visitante. As instalacións renovadas incorporan novas salas e conceden unha atención especial á lingua, á identidade e á cultura mirandesas, contribuíndo a dar maior visibilidade a este idioma minoritario falado no nordeste de Portugal.
Fonte: RTP Notícias
Sección:



