A ONU comezou a impartir por primeira vez un curso regular de portugués para diplomáticos, funcionariado e persoal asociado da organización en Nova York. A iniciativa, froito da colaboración entre as Nacións Unidas e o Goberno de Portugal, incorpora o portugués ao programa de linguas estranxeiras xunto cos seis idiomas oficiais da ONU. As prazas esgotáronse en menos de 24 horas e foi necesario crear unha lista de espera.
Fonte: ONU News
Sección:



