As prazas dos cursos presenciais de catalán dos niveis A1 e A2 en Andorra esgotáronse poucas horas despois de abrirse o prazo de inscrición, repetindo a elevada demanda das últimas convocatorias. O interese por aprender catalán aumentou tras a entrada en vigor da Lei da lingua propia e oficial, que establece requisitos de coñecemento do idioma para renovar o permiso de residencia.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



