Novas

Os gobernos español e galego subscriben un convenio para manter as clases de lingua galega no Instituto Cañada Blanch de Londres
25 de novembro de 2026

Os gobernos español e galego subscriben un convenio para manter as clases de lingua galega no Instituto Cañada Blanch de Londres

O BOE publicou o convenio entre o Ministerio de Educación e a Xunta que garante a continuidade dos estudos de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres durante o curso 2026-2027. A Xunta asumirá este ano o financiamento das clases, cun investimento de 204.563 euros, e seleccionará e remunerará o profesorado. O convenio establece ademais que o galego continuará como materia optativa na ESO e manifesta a vontade de consolidar e estabilizar estas ensinanzas nos próximos cursos.

Fonte: La Voz de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder