O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, visitou a sede do Instituto Cervantes en Madrid, onde se entrevistou con Francisco Moreno, director académico desta institución. Durante a reunión, ambos os responsables amosaron o seu interese en continuar co marco de colaboración entre Política Lingüística e a institución que preside Carmen Caffarel, dentro do que se van realizar diversas actividades sobre lingua e cultura galegas durante o próximo ano.
Fonte: Xunta de Galicia
Sección:



