Novas

Política Lingüística promoverá a organización de diversos cursos de galego no Instituto Cervantes durante o próximo ano
12 de novembro de 2009

Política Lingüística promoverá a organización de diversos cursos de galego no Instituto Cervantes durante o próximo ano

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, visitou a sede do Instituto Cervantes en Madrid, onde se entrevistou con Francisco Moreno, director académico desta institución. Durante a reunión, ambos os responsables amosaron o seu interese en continuar co marco de colaboración entre Política Lingüística e a institución que preside Carmen Caffarel, dentro do que se van realizar diversas actividades sobre lingua e cultura galegas durante o próximo ano.

Fonte: Xunta de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder