Novas

Publícase un dicionario coa maior compilación ata a data de nomes de invertebrados en galego-portugués e español
26 de outubro de 2026

Publícase un dicionario coa maior compilación ata a data de nomes de invertebrados en galego-portugués e español

O profesor da Universidade de Vigo Carlos Garrido presentou un novo dicionario de zooloxía que reúne arredor de 180.000 termos en galego-portugués, español, inglés e alemán. A obra, de 1356 páxinas, recompila e crea denominacións científicas e vernáculas para invertebrados e pretende cubrir importantes lagoas da terminoloxía zoolóxica. O dicionario constitúe unha ferramenta de referencia para a docencia, a investigación e a tradución científico-técnica, especialmente pola súa contribución á nomenclatura dos invertebrados en galego-portugués.

Fonte: Universidade de Vigo

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder