Un estudo da Universidade de León analiza o impacto do despoboamento e o envellecemento rural sobre a supervivencia do leonés, tomando como caso a comarca de Omaña. A zona pasou de 6632 habitantes en 1950 a 1341 en 2025, mentres que a transmisión interxeracional da lingua se debilita. O investigador estima uns 30 000 falantes patrimoniais de leonés en León, Zamora e Salamanca e reclama reforzar o ensino da lingua, especialmente nas cidades e mediante cursos estivais nas comarcas rurais, así como aplicar medidas para frear o declive demográfico e garantir o relevo xeracional.
Fonte: iLeón
Comunidade:
Sección:



