O colectivo Galeguizar Galicia presentou en Vigo a Guía básica de galeguización empresarial, un documento de trinta páxinas editado polo Foro Enrique Peinador co patrocinio da Deputación de Pontevedra. A publicación propón medidas para incorporar o galego á actividade empresarial, como ofrecer contratos e facturas nesta lingua, facilitar a atención bilingüe, utilizar rotulación en galego e formar o persoal.
Fonte: La Voz de Galicia
Sección:



