A Universidade de Liverpool conmemora o centenario do ensino da lingua e da cultura catalás, unha tradición académica de longa traxectoria na institución. Con motivo desta efeméride, organízanse concertos, conferencias e encontros culturais para pór en valor este legado, que converteu o centro nun referente internacional na difusión do catalán no ámbito universitario fóra de Cataluña.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



