O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na inauguración das II Xornadas Anuais de Pensamento Galego. Saúdade de Ramón Piñeiro, nun acto que se celebrou na Casa do Concello e no que tamén participou a alcaldesa, Elena Candia. O encontro reúne especialistas e investigadores nun programa que combina intervencións académicas, actividades culturais e percorridos por espazos relacionados coa vida do intelectual lucense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



