A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aprobou a modificación da súa denominación social para incorporar a forma oficial do topónimo A Coruña. A decisión chega tras unha consulta vinculante ás persoas abonadas, na que máis do 79% apoiou o cambio de nome do club. O acordo supón un novo avance no recoñecemento público da toponimia galega no ámbito deportivo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Sección:



