A Xunta de Galicia homenaxeará a Ledicia Costas co Día das Escritoras como “xusto recoñecemento pola súa difusión da lingua e literaturas galegas dentro e fóra de Galicia”. Deste xeito, o 17 de outubro, a Cidade da Cultura acolle un acto aberto ao público, nunha conversa guiada pola xornalista e tamén autora María Solar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



