A Xunta de Galicia impulsa a distribución de produtos culturais en galego cunha liña de axudas dotada con 350 000 € e destinada a colaborar coa produción editorial literaria. Así se recolle no Diario Oficial de Galicia, onde se inclúe que esta subvención para os anos 2026 e 2027 permite apoiar o traballo de 60 entidades para o lanzamento de 331 libros, audiolibros e volumes de lectura fácil, garantindo así a accesibilidade á lingua en diversos formatos.
Fonte: Xunta de Galicia
Sección:



