Este proxecto, promovido polo Clúster de Sociolingüística, ten como obxectivo crear unha rede de cooperación para facilitar e mellorar a comunicación pública en éuscaro.
Fonte: Eitb
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Este proxecto, promovido polo Clúster de Sociolingüística, ten como obxectivo crear unha rede de cooperación para facilitar e mellorar a comunicación pública en éuscaro.
Fonte: Eitb
O primeiro ministro de Timor Leste, Rui Maria de Araújo, quere converter o portugués na primeira lingua máis falada do país asiático. Actualmente o tetún é o idioma principal do país.
Fonte: Agência Brasil
Expertos da Universidade de York revelaron nun estudo que a influencia do inglés falado por estranxeiros que viven en Londres podería provocar cambios na pronuncia do inglés. A análise mostra que algúns sons poderían verse alterados como consecuencia desta influencia.
Fonte: The Telegraph
O sitio de busca de emprego Adzuna fixo un estudo sobre as linguas máis demandadas no Reino Unido. O alemán, o árabe e o francés ocupan os tres primeiros postos.
Fonte: Quartz
Un total de 23 municipios xa colaboran con este programa cooperativo enfocado a incorporar o idioma galego á crianza dos nenos pequenos.
Fonte: Sermos Galiza
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza unha actividade para ensinar o básico do idioma galego á xente de fóra de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza un obradoiro sobre a oportunidade da transmisión lingüística aos nenos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O estudo, realizado polo centro de investigación vasco Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL), chega á conclusión de que os falantes bilingües activan no seu cerebro o idioma adecuado antes de recibir sinal lingüístico ningún.
Fonte: Heraldo
Este plan estará centrado nos menores e na xente nova, así como na súa contorna, isto é, a familia, a escola, o ocio, a cultura ou o ámbito socioeconómico.
Fonte: Cadena Ser
A iniciativa, promovida pola Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas e pola Área de Normalización Lingüística, enmárcase no convenio de colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa UVigo en materia de dinamización.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín