O Goberno portugués comprométese a reforzar a importancia da lingua portuguesa en todo o mundo por medio da promoción do seu ensino e o fortalecemento do Insttituto Internacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: SAPO
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno portugués comprométese a reforzar a importancia da lingua portuguesa en todo o mundo por medio da promoción do seu ensino e o fortalecemento do Insttituto Internacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: SAPO
O Instituto Camões e a editorial Porto Editora asinaron un acordo para crear a plataforma "Portugal mais Perto" que permitirá apoiar a aprendizaxe e o ensino do portugués nas comunidades portuguesas do estranxeiro.
Fonte: Portugal Digital
Ante o reiterado incumprimento por parte dalgúns concelleiros da normativa sobre normalización lingüística do Concello de Pontevedra, o goberno local instará o resto de grupos a empregar máis o galego durante os plenos nas intervencións e na presentación de mocións e escritos.
Fonte: La Voz de Galicia
Entidades de Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares, agrupadas na Federación Llull, presentan o Manifesto de Randa, un documento en favor do catalán.
Fonte: El Nacional
Segundo a Oficina Estatística da Unión Europea, España é o terceiro país da UE con menos adultos que falen unha lingua estranxeira, cun 49 % de persoas que non falan ningunha.
Fonte: El Día
O secretario xeral de Política Lingüística en funcións da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, participou en Vigo na inauguración do XI Ciclo de mesas redondas 'Escritores na Universidade' que se celebra ata o día 19 de outubro na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, centrado na temática 'Teoría de contrarios'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Como cada 26 de setembro, o Consello de Europa organiza por todo o continente actividades para conmemorar o Día Europeo das Linguas.
Fonte: European Day of Languages
O Centro de Linguas da Universidade do Miño, en Portugal, ofertará este semestre cursos en once idiomas, entre eles o galego.
Fonte: Braga TV
Esta nova edición, publicada pola editorial Elhuyar en colaboración coa editorial Collins, ten un total de 64 270 unidades léxicas, 86 150 acepcións e 21 400 exemplos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Un total de 812 375 euros destinaranse para cursos de éuscaro impartidos nos centros cívicos da cidade, dirixidos a pais, maiores de 55 anos, comerciantes, hostaleiros e estranxeiros.
Fonte: Noticias de Álava
Subscríbase ao boletín