Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de decembro de 2016

    O eurodeputado portugués João Ferreira decidiu cancelar a súa participación na sesión parlamentaria entre o Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico e a Unión Europea, que se celebrará en Kenya, pola negativa do Parlamento Europeo a habilitar servizos de interpretación en portugués.

    Fonte: Jornal Económico Sapo

    15 de decembro de 2016

    A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia convida a celebrar o Nadal en galego cun novo programa que inclúe unha axenda de cincuenta actividades de dinamización lingüística noutros tantos concellos, no marco da quinta edición do programa ‘Nadal en Rede’ que presentou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de decembro de 2016

    Os Bolechas propoñen un ‘Nadal en familia’ na xira que iniciarán este mesmo sábado en concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de decembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Coruña na entrega do X Premio de Narrativa Breve Repsol a Daniel Asorey Vidal pola súa novela Nordeste.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de decembro de 2016

    O I Premio Ramon Amigó i Anglès recaeu en Sílvia Veà Vila, doutora en Filoloxía Catalá pola Universidade Rovira i Virgili.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    15 de decembro de 2016

    O XXVIII Premio de Narrativa Torrente Ballester na modalidade de obras en galego, que convoca a Deputación da Coruña, recaeu na obra Luns da autora Eli Ríos.

    Fonte: Culturagalega.org

    15 de decembro de 2016

    O encontro Berbagunea, que alcanza a súa quinta edición, reuniu a uns 1600 participantes no Centro Azkuna.

    Fonte: El Correo

    15 de decembro de 2016

    O estudio de interiorismo Nanube, a empresa de alta costura Miranda Priestly e a editorial Alvarellos recibiron o XVII Premio Manuel Beiras ao uso do galego na empresa.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    14 de decembro de 2016

    Un estudo realizado por un profesor da Universidade de Cardiff revela que os defensores da lingua galesa son maioría no País de Gales. Segundo a análise, só un de cada seis galeses pensa que "Gales estaría mellor sen a lingua galesa". Pola contra, case un terzo considera que se deberían tomar medidas excepcionais para promover a lingua vernácula.

    Fonte: Wales Online

    14 de decembro de 2016

    A ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, declarou que o Goberno da India está facendo o posible para popularizar o hindi internacionalmente e convertelo en lingua oficial das Nacións Unidas.

    Fonte: Hindustan Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder