Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de decembro de 2016

    O Informe de progreso anual da Corporación de Radio e Televisión de Galicia sinala a mellora da accesibilidade dos seus servizos. Así, destaca entre os seus indicadores o incremento nun 29% da programación en lingua de signos.

    Fonte: CRTVG

    07 de decembro de 2016

    Este curso desenvolverase dende o 9 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2017 e terá como obxectivo achegar a lingua e a cultura galega ás persoas adultas.

    Fonte: Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

    07 de decembro de 2016

    A Universidade de Vigo lanza esta publicación co obxectivo de dar a coñecer os traballos dos investigadores universitarios no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios en galego.

    Fonte: Universidade de Vigo

    07 de decembro de 2016

    Olalla Cociña é a gañadora da décimo cuarta edición do Premio de Poesía Afundación, un certame que veñen convocando Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de favorecer a creación literaria en galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de decembro de 2016

    A Plataforma per la Llengua iniciou este movemento co obxectivo de que ofrezan os devanditos produtos en lingua catalá. A campaña xa obtivo 25 000 sinaturas.

    Fonte: El Confidencial Digital

    07 de decembro de 2016

    Este festival realizarase en Bilbao desde o 7 de marzo ao 8 de abril e contará con espectáculos teatrais, musicais e de danza.

    Fonte: El Correo

    07 de decembro de 2016

    Este investimento estará destinado a apoiar as empresas, concellos e entidades que realicen plans de promoción do uso do éuscaro durante o próximo ano.

    Fonte: El Correo

    06 de decembro de 2016

    Un grupo de pais e nais protestou nunha cidade da rexión chinesa de Mongolia Interior polas restricións impostas polo Goberno chinés no uso da lingua mongol en centros de ensino.

    Fonte: Radio Free Asia

    06 de decembro de 2016

    A Asemblea Nacional de Francia aprobou catro artigos dunha proposición de lei que quere introducir medidas para a promoción das linguas rexionais en diferentes ámbitos como o ensino.

    Fonte: France 3

    05 de decembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na colocación dunha placa conmemorativa da estadía de Manuel María neste concello lugués.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder