Máis de 80 librerías dos territorios de fala catalá porán á venda a nova colección de audiolibros en catalán, Seebook.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Máis de 80 librerías dos territorios de fala catalá porán á venda a nova colección de audiolibros en catalán, Seebook.
Fonte: La Vanguardia
A iniciativa Conto, canto o Nadal ten como obxectivo que os/as nenos/as destes concellos empreguen o galego nas cartas que lles envíen aos Reis Magos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Academia das Ciencias de Lisboa quere perfeccionar o novo Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa por medio dun estudo co que aspira a presentar criterios máis uniformes.
Fonte: Diário de Notícias
TV Perú e Radio Nacional comezan a retransmitir o primeiro programa de noticias en lingua quechua do Perú.
Fonte: Jornalet
O Ministerio de Educación de Irlanda do Norte acaba de aprobar unha medida que eliminará a obrigatoriedade de traducir a correspondencia oficial ao gaélico irlandés e ao escocés de Irlanda do Norte (scots do Úlster).
Fonte: The Irish News
Un estudo realizado polo arqueólogo Douglas Petrovich da Universidade Wilfrid Laurier do Canadá revelou que o primeiro alfabeto coñecido podería ser unha versión temperá do hebreo actual.
Fonte: Science News
A ministra de Educación de Cabo Verde, Maritza Rosabal, anunciou que a partir do próximo ano lectivo o portugués será ensinado como segunda lingua. Con esta iniciativa, o Goberno caboverdiano quere fortalecer a aprendizaxe da lingua portuguesa no país.
Fonte: Expresso das Ilhas
Os beneficios asociados á educación bilingüe fan que os centros educativos de inmersión en gaélico irlandés sexan cada vez máis valorados. Nunha lista dos 10 mellores centros de ensino secundario en Irlanda, tres son de fala irlandesa.
Fonte: Irish Times
Coa sinatura deste convenio o Goberno foral achegará 96 100 euros para a realización de distintos proxectos culturais.
Fonte: Navarra.com
O Goberno do arquipélago concederá axudas destinadas á posta en marcha de 34 actuacións dirixidas a fomentar o uso da lingua catalá na sociedade.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín