Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de decembro de 2016

    Un protocolo asinado entre o Instituto Camões e a Universidade de Luxemburgo permitirá contratar un lector de lingua e cultura portuguesas neste centro de ensino. O obxectivo é desenvolver os estudos portugueses no ensino superior luxemburgués e favorecer o intercambio académico entre institucións educativas de Luxemburgo e Portugal.

    Fonte: Luxemburger Wort

    19 de decembro de 2016

    Co gallo da celebración do 30 aniversario da Lei do éuscaro, o secretario xeral de Kontseilua resaltou a necesidade dunha nova lei.

    Fonte: Noticias de Navarra

    19 de decembro de 2016

    O programa “No Nadal… un conto” ten como obxectivo crear espazos de lecer en galego para o público familiar e infantil.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de decembro de 2016

    Os dous novos académicos correspondentes son o científico Jorge Mira Pérez e Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires.

    Fonte: Real Academia Galega

    19 de decembro de 2016

    Máis dun cento de organizacións que representan a 25 linguas minoritarias europeas asinaron este protocolo que contén 185 medidas que buscan asegurar a igualdade lingüística.

    Fonte: La Vanguardia

    19 de decembro de 2016

    O catedrático de Lingüística Xeral da Universidade da Coruña Mauro Fernández presentou un informe que mostra os datos das consultas que a Xunta de Galicia lles realizou ás familias en 2009 e 2010 sobre a lingua das súas fillas e fillos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de decembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no compostelán CEIP López Ferreiro no acto de presentación do libro de recompilación dos textos gañadores do Certame de Redacción Histórica 'Falemos da nosa historia' nas súas últimas dez edicións.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de decembro de 2016

    A Asemblea da República de Portugal debaterá unha proposta que pretende introducir o ensino da lingua de signos portuguesa a alumnado que non sexa xordo.

    Fonte: Sapo

    16 de decembro de 2016

    O organismo de promoción do gaélico escocés Bòrd na Gàidhlig está elaborando un estudo para analizar o impacto que teñen os medios de comunicación en gaélico, como a BBC Alba e a BBC Radio nan Gàidheal, na aprendizaxe desta lingua en Escocia.

    Fonte: BBC

    16 de decembro de 2016

    Un informe sobre a presenza das linguas estranxeiras no ensino público do País de Gales revelou que se duplicou o número de estudantes que aprenden chinés mandarín.

    Fonte: Wales Online

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder