O Goberno de Navarra convoca axudas para a euscaldunización de persoas adultas, algo que non acontecía desde setembro de 2012.
Fonte: Diario de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Navarra convoca axudas para a euscaldunización de persoas adultas, algo que non acontecía desde setembro de 2012.
Fonte: Diario de Navarra
Este obradoiro enmárcase no proxecto anual de promoción do Festival CinEOI Coruña Curtas, que se celebrará en abril de 2016.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O programa do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas inclúe diferentes actividades (obradoiros científicos, exposicións, charlas divulgativas etc.) desenvolvidas polas bibliotecas públicas nodais e pola Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O informe do censo sobre o uso do gaélico escocés de 2011 revela que unha pequena porcentaxe de falantes naceu fóra de Escocia.
Fonte: Scotsman
A catedrática da Universidade de Cambridge, Wendy Ayres-Bennett, defendeu a necesidade de mellorar o ensino das linguas estranxeiras no Reino Unido co fin de obter beneficios para toda a sociedade.
Fonte: Cambridge News
A directora xeral de Política Lingüística mantivo un encontro para coordinar actuacións de dinamización lingüística cos conselleiros de Cultura de Eivisa e Formentera, no marco dunha rolda de reunións cos consellos insulares.
Fonte: Govern de les Illes Balears
Aprobouse unha orde que regula as subvencións, por un importe de 500 000 euros, para a tradución ao éuscaro da rotulación de grandes establecementos comerciais, así como a capacitación en éuscaro do seu persoal.
Fonte: 20minutos
A Concellería de Normalización Lingüística solicitou a modificación dos sinais que estaban en castelán para poñelos en galego. Os das instalacións deportivas e os do centro de saúde foron os primeiros en cambiarse.
Fonte: Faro de Vigo
A aplicación de mensaxería instantánea PictoTalk, desevolvida no marco do proxecto Accegal, está destinada a persoas con dificultades na comunicación verbal, que non poden falar, ler ou escribir, e funciona con pictogramas, que permiten compoñer frases complexas.
Fonte: Universidade de Vigo
O sindicato UXT publicou en catalán na súa páxina web algúns dos modelos de documentos xurídicos máis utilizados.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín