Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de novembro de 2015

    A directora de Turismo de Galicia presentou unha enciclopedia virtual denominada Xacopedia que, polo momento, só está dispoñible en castelán.

    Fonte: Diario de Pontevedra

    11 de novembro de 2015

    Este pasado domingo 8 de novembro rematou, en Lalín, a xira de encontros ‘Os Axóuxeres’ que, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, promoveu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de novembro de 2015

    O reitor da Universidade de Coímbra, João Gabriel Silva, declarou que a institución de ensino superior procura cada vez máis estudantes internacionais e unha das súas prioridades é ensinar portugués a estudantado de orixe chinesa.

    Fonte: Diário de Notícias

    11 de novembro de 2015

    A Plataforma de Apoio aos Refuxiados de Portugal anunciou que os refuxiados acollidos nese país recibirán material para aprender portugués.

    Fonte: tvi24

    11 de novembro de 2015

    O goberno municipal da cidade italiana de Cagliari aprobou un estatuto que recoñece a oficialidade da lingua sarda.

    Fonte: Sardinia Post

    10 de novembro de 2015

    O proxecto de orzamentos para 2016 prevé un incremento do 4,8 % para o fomento do coñecemento e o emprego do éuscaro.

    Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia

    10 de novembro de 2015

    A Consellería de Educación do Principado destinará máis fondos á Academia da Lingua Asturiana, a campañas de fomento do uso do asturiano, á actualización da política de subvencións ou a un plan para mellorar a Lei de uso e promoción da lingua, entre outros temas.

    Fonte: La Nueva España

    09 de novembro de 2015

    Escola Valenciana pide medios de protección para o valenciano equivalentes aos do País Vasco ou Cataluña e salienta que o aumento nun 97 % do orzamento para a política lingüística é insuficiente.

    Fonte: 20minutos

    09 de novembro de 2015

    A aprobación da ordenanza para o impulso do galego no Concello quedou sen debater no Pleno da Corporación, despois de que fose incluído este tema na orde do día a petición da Mesa pola Normalización Lingüística.

    Fonte: El Correo Gallego

    09 de novembro de 2015

    O conselleiro de Educación presentoulles aos sindicatos da Mesa Sectorial a nova Oferta Pública de Emprego de 425 prazas das cales un 70 % son en éuscaro.

    Fonte: Diario de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder