A iniciativa “Euskara Taldea” está a recoller sinaturas na plataforma Change.org para conseguir que se Netflix ofrece contidos en catalán tamén o faga en éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A iniciativa “Euskara Taldea” está a recoller sinaturas na plataforma Change.org para conseguir que se Netflix ofrece contidos en catalán tamén o faga en éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
A Deputación de Pontevedra apoia a posta en marcha dun servizo de normalización lingüística común para os concellos da comarca do Morrazo.
Fonte: Noticieiro Galego
Son varias as asociacións que asinaron un manifesto para reclamarlle ao Goberno de Aragón un modelo común de lingua aragonesa e unha autoridade lingüística para a formación dun idioma gráfico "baseado na etimoloxía" e que reforce "as variedades referenciais".
Fonte: Aragón Digital
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeitou o recurso da Delegación do Goberno e deulle a razón ao Concello de Irura que enviou información só en éuscaro.
Fonte: EiTB
A segunda edición deste wikimaratón celebrarase o 7 de novembro, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego.
Fonte: Código Cero
O emprego da lingua catalá descendeu de xeito notable na última década entre a poboación das illas, unha media de 8,2 puntos porcentuais.
Fonte: Menorca Local
A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) defendeu a necesidade de crear novos espazos de televisión e radio para as novas xeracións.
Fonte: Wales Online
A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon, anunciou un investimento de 100 000 libras esterlinas para a promoción da aprendizaxe da lingua gaélica na primeira infancia.
Fonte: The Press and Journal
O Goberno de Escocia lanza un plan para fomentar o uso e a visibilidade da lingua gaélica no corpo de policía.
Fonte: Scotsman
Milmots é unha plataforma interactiva para difundir, coñecer e compartir léxico catalán asociado a diferentes municipios e comarcas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín