Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de febreiro de 2016

    O libro Ramón Lugrís. Sempre Galicia, Sempre Europa, sobre este tradutor e xornalista recentemente falecido, presentouse no salón de actos da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de febreiro de 2016

    O Centro de Linguas da Universidade do Miño ofrece unha importante formación en linguas nos campus de Braga e Guimarães. Neste novo semestre, ofértanse un total de 11 linguas.

    Fonte: Correio do Minho

    02 de febreiro de 2016

    Tan só o 45 % dos estudantes de secundaria españois estuda dúas ou máis linguas fronte á media europea que alcanza o 60 %.

    Fonte: La Vanguardia

    02 de febreiro de 2016

    Tras modificarse a Lei do éuscaro, o modelo D ofertarase en 1º de Infantil na zona non vascófona.

    Fonte: Diario de Navarra

    02 de febreiro de 2016

    O ciclo Linguas a Escena, organizado en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, poñerá en escena obras en galego, portugués, francés e inglés dirixidas ao público interesado en aprender outras linguas.

    Fonte: InfoBierzo

    02 de febreiro de 2016

    A quinta edición do Club de Debate chega a once concellos galegos a través dos servizos de normalización lingüística co obxectivo de fomentar a fluidez comunicativa en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de febreiro de 2016

    O Proxecto Dragal, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha iniciativa multimedia e multidisciplinar que están a desenvolver os equipos de dinamización lingüística de centros de ensino galegos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de febreiro de 2016

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística lembra que o prazo de inscrición para as probas Celga convocadas para o mes de abril está aberto ata o vindeiro luns 8 de febreiro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de febreiro de 2016

    A nova lexislación de Escocia en materia lingüística podería obrigar os profesionais do Servizo de Ambulancias de Escocia (SAS, polas súas siglas en inglés) a aprender gaélico escocés.

    Fonte: Deadline

    01 de febreiro de 2016

    O grupo editorial que se ocupa das publicacións dos dicionarios da Universidade de Oxford revisará as definicións dalgunhas palabras despois de que algunhas críticas as considerasen sexistas.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder