Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de outubro de 2015

    A ruta xeolóxica polas rúas lucenses “A historia que contan as pedras que pisas” enmárcase no proxecto Proxéctate en Galego e con ela quere conmemorarse o Día da Ciencia en Galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de outubro de 2015

    No marco da campaña "En galego para sempre" preséntase no consistorio un manual co que se pretende acercarlles ás empresas relacionadas cos actos funerarios propostas para utilizar a lingua galega.

    Fonte: Faro de Vigo

    23 de outubro de 2015

    A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Consorcio pola Normalización Lingüística puxeron en marcha unha proba piloto cunha modalidade virtual do Voluntariado pola Lingua (VxL).

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de outubro de 2015

    A Modern Language Association reunirá en Austin (Texas) no mes de xaneiro de 2016 a distintos especialistas de universidades estadounidenses para debater sobre a cultura e a lingua galegas.

    Fonte: Galicia Confidencial

    22 de outubro de 2015

    O poeta galego Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) resultou gañador do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2015 pola súa obra Celebración, escrita en lingua galega, considerada o mellor libro de poesía dun autor menor de 31 anos publicado en todo o Estado.

    22 de outubro de 2015

    O xornal chinés O Diario do Pobo publicará a partir de agora noticias en lingua portuguesa. O xornal está en liña tamén en alemán, árabe, coreano, español, francés e inglés.

    Fonte: Público

    22 de outubro de 2015

    O papiro do César, o novo libro das aventuras de Astérix, será publicado tamén en lingua mirandesa. A súa tradución correu a cargo do lingüista José Pedro Ferreira e o investigador e escritor Carlos Ferreira.

    Fonte: TVI 24

    22 de outubro de 2015

    A Dirección Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha liña de axudas para fomentar a dobraxe ao catalán e os subtítulos nesta lingua das producións audiovisuais.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de outubro de 2015

    O Parlamento Vasco debate unha proposición non de lei que ten como obxectivo reformular o sistema para a certificación oficial do coñecemento de éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    21 de outubro de 2015

    Na Universidade Pública de Navarra vai en aumento a docencia en éuscaro, que chega ao 20 % do total, e en inglés, que alcanza o 18 %.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder