Co obxectivo de normalizar o uso oral do galego, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega prepara o XVI Concurso de Relato Oral "Tíralle da Lingua".
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Co obxectivo de normalizar o uso oral do galego, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega prepara o XVI Concurso de Relato Oral "Tíralle da Lingua".
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de entrega do Premio Arume de Poesía que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas. Celebrada no Centro Cultural de Gres, no Concello de Vila de Cruces, esta oitava edición do certame contou cunha docente como gañadora: Mónica Inés Varela Gestoso, profesora no IES García Barros da Estrada.
Fonte: Xunta de Galicia
O xornal máis antigo dos Estados Unidos de América escrito en español, El Diario/La Prensa, enfróntase a un futuro incerto por mor dunha forte crise que podería provocar a súa desaparición.
Fonte: Huffingtonpost
Un bo número de localidades de diferentes puntos de Occitania, Francia e os Países Cataláns celebrarán unhas xornadas, coñecidas co nome de Dictada Occitana, para promover a lingua occitana.
Fonte: Nationalia
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) proponlle á cidadanía diversas actividades para o Día de Rosalía de Castro que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As obras galegas Maria Fumaça e O principio foron seleccionadas por bibliotecarios de todo o mundo para o catálogo The World Through Picture Books.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un grupo de expertos reúnese na Organización das Nacións Unidas para elaborar un informe con recomendacións para preservar e revitalizar linguas indíxenas.
Fonte: Diario de Yucatán
O Consello de Europa recomendou a España facer un maior uso de todas as linguas oficiais que conviven no seu territorio. O organismo puxo o punto de atención no ámbito xurídico, educativo e sanitario.
Fonte: Nationalia
Os datos do Comercio Interior do Libro do ano 2014, un estudo da Federación de Gremios de Editores de España, constatan un aumento no número de títulos publicados en galego nese ano, cun total de 1881 obras nesta lingua.
Fonte: Culturagalega.org
Xa está aberto o prazo de solicitudes para a convocatoria de axudas destinadas a empresas que editen publicacións periódicas integramente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín