Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xaneiro de 2016

    O presidente de Chipre, Nicos Anastasiades, comunicoulle ao líder turcochipriota Mustafa Akinci que defenderá a oficialización do turco na Unión Europea. Esta decisión interpretouse nalgunhas fontes como un achegamento entre as dúas partes do conflito que separa o país mediterráneo.

    Fonte: In-Cyprus

    20 de xaneiro de 2016

    A Deputación Foral de Biscaia e 39 municipios biscaíños apoian o modelo educativo en éuscaro (D) onde todas as materias, excepto a lingua castelá, son impartidas neste idioma.

    Fonte: ABC

    20 de xaneiro de 2016

    A realización da festa da Oficialidade da Lingua Asturiana en Bimenes servirá para declarar o asturiano como lingua oficial no concello.

    Fonte: La Nueva España

    20 de xaneiro de 2016

    As mulleres musulmás que non demostren un nivel suficiente do inglés correrán o risco de ser expulsadas do Reino Unido.

    Fonte: America Aljazeera

    19 de xaneiro de 2016

    Unha institución do Canadá recoñeceu que a lingua segue a ser o principal obstáculo para a integración da comunidade portuguesa no país americano, sobre todo para as xeracións máis vellas.

    Fonte: Impala

    19 de xaneiro de 2016

    O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, con sede en Cabo Verde, quere crear un vocabulario común nas áreas da ciencia e a tecnoloxía para todos os países de fala portuguesa.

    Fonte: Infonet

    19 de xaneiro de 2016

    Os profesionais de enfermería procedentes da Unión Europea que desexen traballar no Reino Unido deberán demostrar mediante unha proba nivel que falan inglés con fluidez.

    Fonte: BBC

    19 de xaneiro de 2016

    A cuarta edición do programa Berbagunea, promovido polo Concello de Bilbao e a Deputación foral de Biscaia, reúne uns 1600 euscaldúns e estudantes co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro e "sacalo á rúa".

    Fonte: 20minutos

    19 de xaneiro de 2016

    A proposición non de lei presentada polo grupo parlamentario de Ciudadanos propón que o alumnado andaluz de Primaria, Secundaria e Bacharelato poida estudar galego, éuscaro e catalán.

    Fonte: Galicia Hoxe

    18 de xaneiro de 2016

    As institucións vascas presentaron este novo símbolo do éuscaro para fomentar o emprego desta lingua nas relacións cotiás no marco dunha campaña cuxo lema é "Dálle alas ao éuscaro" (Eman hegoak euskarari).

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder