Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xaneiro de 2016

    As persoas que non falen turco poderán recibir servizos de interpretación en kurdo, árabe, inglés e zazaki no tribunal de xustiza de Diyarbakır.

    Fonte: Hurriyet Daily News

    13 de xaneiro de 2016

    Catalán e aragonés figurarán como linguas propias de Aragón tras a modificación da Lei do patrimonio cultural aragonés.

    Fonte: Diario de Teruel

    13 de xaneiro de 2016

    Soziolinguistika Klusterra e Donostia 2016 crean o proxecto "Hitzargiak" para revitalizar as linguas minoritarias de Europa coa identificación de boas prácticas.

    Fonte: Noticias de Guipuzkoa

    13 de xaneiro de 2016

    Entre os días 7 e 10 de xaneiro a Modern Language Association (MLA) celebrou o seu congreso anual en Austin (Texas, EUA) no que o galego, ao que se lle dedicaron catro paneis específicos, foi unha das linguas protagonistas.

    Fonte: Praza Pública

    13 de xaneiro de 2016

    Os responsables do proxecto Lermos.gal son Xosé Duncan, Alex Bayorti e Martinho Terrafria, unha iniciativa que pretende converterse nun punto de encontro da literatura feita en galego.

    Fonte: Culturagalega.org

    13 de xaneiro de 2016

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de xaneiro de 2016

    O Goberno de Dilma Rousseff veta un proxecto de lei que avogaba polo uso das linguas indíxenas en todas as etapas educativas.

    Fonte: Pravda

    13 de xaneiro de 2016

    O Goberno do Perú recoñeceu os alfabetos de 31 linguas indíxenas que se poderán comezar a empregar na Administración pública.

    Fonte: El País

    12 de xaneiro de 2016

    Un total de 129 colectivos apoia a reapertura de RTVV e a reciprocidade con IB3 e TV3 para crear un espazo audiovisual común.

    Fonte: El Periódico

    12 de xaneiro de 2016

    A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte de Valencia incrementa en 97 750 euros os galardóns destinados aos "llibrets" de Fallas editados en valenciano.

    Fonte: Levante

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder