Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de outubro de 2015

    Resolveuse a convocatoria de axudas para o libro galego, tanto no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego como á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de outubro de 2015

    O Concello de Betanzos envioulle ao empresario unha orde de derrubamento redactada en lingua galega. El rexeitouna e solicitou que lla remitisen en castelán alegando descoñecer certa terminoloxía.

    Fonte: La Voz de Galicia

    01 de outubro de 2015

    As 66 produtoras que existen no País Vasco só rodan unha media de dúas películas en éuscaro ao ano dun total de dez que se adoitan producir.

    Fonte: El Correo

    30 de setembro de 2015

    Diferentes análises, como a elaborada polo xornal estadounidense The Washington Post ou a do British Council, revelaron cales serán as linguas máis dominantes do futuro, tendo en conta a evolución dos mercados e o peso demográfico dos seus falantes.

    Fonte: Jornal de Notícias

    30 de setembro de 2015

    Un informe da Unión Internacional de Telecomunicacións (ITU, polas súas siglas en inglés) revelou que só un 5 % das linguas máis minoritarias ou menos influentes do mundo está presente en internet.

    Fonte: Rue89

    30 de setembro de 2015

    Estes cerca de 250 novos termos pertencen, entre outros, aos ámbitos da agricultura, a alimentación, a botánica, o circo, a economía, o deporte, a industria, a música ou os transportes.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    30 de setembro de 2015

    Baixo o nome de Euskaragileak, un grupo de compañías organizouse para fortalecer a rede de empresas que desexan traballar e vender en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    30 de setembro de 2015

    "Loreak", rodada en éuscaro integramente, representará a España na carreira para conseguir o Óscar á Mellor Película de Fala non Inglesa.

    Fonte: Deia

    30 de setembro de 2015

    A versión en galego de O papiro do César publicarase nunha coedición entre Salvat-Bruño e Edicións Xerais.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de setembro de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer na Coruña o ditame do xurado da IX edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, que recaeu no escritor Marcos S. Calveiro pola obra Fontán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder