Os resultados do censo lingüístico mostran que o coñecemento do gaélico medra lixeiramente entre a poboación máis nova. As Híbridas Exteriores, as Terras Altas e Glasgow son as zonas onde se concentran máis falantes.
Fonte: Nationalia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os resultados do censo lingüístico mostran que o coñecemento do gaélico medra lixeiramente entre a poboación máis nova. As Híbridas Exteriores, as Terras Altas e Glasgow son as zonas onde se concentran máis falantes.
Fonte: Nationalia
Cada vez máis cidadáns checos mostran interese polo estudo da lingua portuguesa. Na última década, cuadriplicouse o número de institucións que se dedican ao ensino do portugués.
Fonte: Observador
A asociación Banaiz Bagara pon en marcha en Oarsoaldea esta iniciativa co obxectivo de incrementar a presenza do éuscaro no mercado laboral e mellorar a capacidade de comunicarse nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
O V Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!!, dirixido ao alumnado de 2º ciclo da ESO e do Bacharelato, ten como obxectivo dinamizar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade.
Fonte: Concello de Ames
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, inaugurou na Facultade de Filoloxía da universidade compostelá (USC) o II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX).
Fonte: Xunta de Galicia
Con motivo da semana da lingua fidxiana, o ministro neozelandés de Pobos do Pacífico defendeu a necesidade de que a poboación procedente de Fidxi preserve a súa lingua vernácula, sobre todo ante o descenso do seu uso por parte dos falantes.
Fonte: Pacific Scoop
A agrupación en defensa da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg celebrou un encontro no que se analizou a posibilidade de acadar o obxectivo do millón de falantes no País de Gales.
Fonte: Wales Online
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística rexeita o Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Lingua por mostrarse contraria á política lingüística que leva a cabo a Xunta.
Fonte: Galicia Confidencial
A Dirección Xeral de Política Lingüística está a elaborar un plan acollida lingüística destinado aos refuxiados de orixe siria que cheguen a Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O investimento de 124 050 euros do Concello destinarase a bolsas e axudas para promover o uso do éuscaro. Preténdese impulsar a formación de persoas adultas e de monitores de tempo libre, así como reforzar a creación cultural nesta lingua.
Fonte: Noticias de Álava
Subscríbase ao boletín