Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xaneiro de 2016

    Un estudo realizado por unha organización sen ánimo de lucro que analiza o uso da tecnoloxía nos países en vías de desenvolvemento revelou que só o 45 % do contido de Internet está en inglés, o que supón unha forte caída respecto a estudos anteriores.

    Fonte: Tech Insider

    05 de xaneiro de 2016

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores e escritoras, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica e a sinopse dun libro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xaneiro de 2016

    O novo Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa entrou en vigor no Brasil, culminando un proceso que pasou por moitas fases e que de momento é só obrigatorio noutros dous países: Portugal e Cabo Verde. O resto de países lusófonos aínda non emprega oficialmente as novas regras ortográficas.

    Fonte: Capital News

    04 de xaneiro de 2016

    O novo Museo da Diáspora e da Lingua Portuguesa estará localizado no Concello portugués de Matosinhos, anunciou o presidente do municipio, Guilherme Pinto.

    Fonte: Público

    04 de xaneiro de 2016

    O Goberno vasco destinará case 46 millóns de euros do orzamento de 2016 a fomentar o éuscaro a través de subvencións e axudas destinadas tanto a entidades como aos cidadáns.

    Fonte: Noticias de Guipuzkoa

    04 de xaneiro de 2016

    O programa Aulas Temporais de Adaptación Lingüística da Junta de Andalucía acolle alumnado inmigrante con descoñecemento do español en 38 centros educativos da provincia de Xaén.

    Fonte: Ideal

    04 de xaneiro de 2016

    Como remate ao ano das Letras Galegas 2015, dedicado a Xosé Filgueira Valverde, o Centro Ramón Piñeiro presentou a Escolma de textos literarios e xornalísticos que supón o número trinta e catro dos Cadernos Ramón Piñeiro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xaneiro de 2016

    A Academia Valenciana da Lingua asesorará lingüisticamente a Autoridade Portuaria de Valencia para utilizar o valenciano nos portais webs dos portos de Valencia, Sagunto e Gandía así como en textos e folletos destinados a público da Comunidade Valenciana.

    Fonte: Valencia Plaza

    31 de decembro de 2015

    O Goberno chinés estandarizará a lingua de signos e o braille que se utilizan no país ao longo dos vindeiros cinco anos, debido ás diferenzas rexionais e culturais dentro do territorio.

    Fonte: Spanish Peopledaily

    31 de decembro de 2015

    O Goberno de Navarra subvenciona con 131 000 euros a 18 centros que imparten a ensinanza do éuscaro a adultos.

    Fonte: Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder