Os dicionarios editados pola sociedade Alkarbide, co apoio da Deputación de Biscaia, recollen vocabulario e frases básicas de utilidade no día a día ordenados por temas.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os dicionarios editados pola sociedade Alkarbide, co apoio da Deputación de Biscaia, recollen vocabulario e frases básicas de utilidade no día a día ordenados por temas.
Fonte: ABC
O Goberno balear solicita a modificación urxente da lei para que o catalán sexa un requisito nos procesos de selección de persoal para traballar na Administración pública.
Fonte: Diario de Ibiza
Na edición de 2015 dos Premios Cidade de Pontevedra a educación e a divulgación tiveron un gran protagonismo ao concedérselles os galardóns ao instituto de secundaria Luís Seoane e ao profesor Calros Solla.
Fonte: Pontevedra Viva
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse ata a localidade pontevedresa de Redondela para asistir á representación de ‘Carapuchiña Vermella. O musical’, unha iniciativa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co fin de promover o uso da lingua propia de Galicia entre os máis novos.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno luxemburgués aproba a introdución da lingua portuguesa como idioma de ensino na Escola Internacional de Differdange.
Fonte: Revista Port
Un acordo do Goberno portugués e a proximidade de Angola contribúen ao aumento do alumnado interesado en aprender portugués en Namibia.
Fonte: RTP
Un estudo e varias publicacións do departamento de Cultura de Cataluña e o Campus Iberus permitirán coñecer cal é a situación do catalán e o seu uso social na zona oriental de Aragón.
Fonte: Diario de Teruel
Os centros educativos de Baleares poderán decidir en que idioma se imparten as materias non lingüísticas a condición de que cumpran o decreto de mínimos que garante o ensino do catalán e o castelán.
Fonte: Diario de Mallorca
O comité de expertos do Consello de Europa resalta a política lingüística do Goberno vasco e móstrase crítico co Goberno navarro polo orzamento que este destina a Euskarabidea.
Fonte: EITB
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación da renovada páxina web corporativa da Asociación de Empresarios de Deza (AED), que pasa a ter dominio .gal, así como do novo portal específico en materia de emprego. Ambas as dúas iniciativas contan co apoio económico da Consellería –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística–, posto que son un exemplo da potenciación do uso do galego desde o mundo empresarial.
Subscríbase ao boletín