Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de decembro de 2009

    O Instituto das Culturas contará no ano 2010 cun 40 % máis de orzamento, ao pasar dos 500.000 euros de 2009 aos 700.000 euros que terá para realizar o seu labor sobre a protección e divulgación do tamazight ao longo do próximo ano.

    Fonte: Melilla Hoy

    O Goberno de Aragón sacará na próxima convocatoria de oferta de emprego público para profesores de primaria -prevista para 2011- prazas de profesor de catalán e aragonés.

    Fonte: Heraldo

    Está listo o formato de voz coa tradución ao náhuatl da Constitución Política do Estado Libre e Soberano de Puebla. A tradución beneficiará a 77 municipios de forte asentamento náhuatl cunha poboación estimada de 416.968 falantes, de acordo con cifras do Instituto Nacional de Estatística e Xeografía (INEGI).

    Fonte: Prodigy msn

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a centrar o seu labor respecto dos profesores lectores de galego en mellorar o seu proceso de formación e mais a coordinación do seu traballo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de decembro de 2009

    China lanzou un importante proxecto cultural encamiñado a preservar libros e manuscritos en lingua tibetana. Este programa representa o maior esforzo do Goberno central por protexer os textos antigos dun grupo étnico minoritario.

    Fonte: CCTV

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder