Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de decembro de 2009

    Unha novidade servirá para que as persoas que teñen discapacidades auditivas poidan seguir as palabras da S.M. El-Rei Don Xoán Carlos grazas a que este ano será a primeira vez na que se retransmitirá en lingua de signos española a través da páxina 'web' de TVE.

    Fonte: El Mundo

    Caixa Galicia, Caixanova e todas as caixas de aforros que teñan oficinas e clientes en Galicia terán que empregar o galego bos contratos, informacións e comunicacións que remitan aos seus clientes galegos. Así o establece o borrador da nova lei autonómica de caixas de aforros que o pleno do Parlamento votará previsiblemente o vindeiro día 29 de decembro.

    Fonte: La Opinión

    Máis de 260 profesionais sanitarios, na súa maioría da provincia de Pontevedra, esíxenlle á Consellería de Sanidade que facilite os impresos, folletos e escritos que manexan centros de saúde e pacientes tamén en castelán.

    Fonte: Faro de Vigo

    23 de decembro de 2009

    O Goberno de Cataluña fomentará o uso do catalán no sector das notarías. O vicepresidente do Goberno, Josep-Lluís Carod-Rovira, a conselleira de Xustiza, Montserrat Tura, e o decano do Colexio de Notarios de Cataluña, Joan Carles Ollé, asinan un acordo para impulsar conxuntamente accións de fomento do uso do catalán nas notarías e garantir así o dereito da cidadanía a ser atendida oralmente e por escrito na lingua oficial da súa escolla.

    Marrocos disporá a finais de ano dunha canle de televisión pública en lingua tamazight, unha iniciativa moi esperada pola importante comunidade bérber que ve nesta canle un medio para preservar unha cultura e unha lingua marxinadas durante moito tempo.

    Fonte: Le Figaro

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder