Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de novembro de 2009

    O español sobe ao segundo lugar como lingua materna no mundo e ocupa a terceira posición en internet tras o inglés e o chinés. Estas son dúas das principais novidades anunciadas pola directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, que se fixo eco dun estudo da revista Ethnology.

    Fonte: ADN

    02 de novembro de 2009

    O dicionario enciclopédico Elhuyar sobre ciencia e tecnoloxía (Elhuyar zientzia eta teknologiaren hiztegi entziklopedikoa) xa está á venda, e é o primeiro deste tipo que se publica en éuscaro. Nesta obra, participaron ao longo de varios anos máis de 200 expertos, baixo a dirección de Antón Gurrutxaga.

    Fonte: Basque research

    Os grupos políticos PNV, PSE, PP, EA e EB uníronse para solicitarlle ao Goberno vasco que garanta a liberdade de elección de modelos e siga impulsando o trilingüismo -a grande aposta da conselleira de Educación Isabel Celaá- mediante a definición dun marco normativo que posibilite a presenza vehicular do castelán, o éuscaro e o inglés nas aulas vascas.

    Fonte: Diario Vasco

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, participaron na inauguración da I Xornada de Dobraxe e Idioma, que organizou a Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia, Apradoga.

    Fonte: Xunta de Galicia

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, apostou por impulsar unha política lingüística “responsable”, que asente os seus principios fundamentais no fomento transversal e integrador da lingua galega. O responsable deste departamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo estas declaracións nas V Xornadas de Normalización e Dinamización Lingüística.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder