Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de outubro de 2009

    A empresa Blazing Ideas Limited pediu usar as linguas indíxenas nas escolas de educación primaria e secundaria de Nixeria para evitar a súa extinción.

    Fonte: This Day

    22 de outubro de 2009

    Un de cada catro vascos non estudou nunca inglés, segundo un informe publicado pola editorial da Universidade de Oxford. Estes datos sitúan a Euskadi por debaixo da media nacional, que se cifra nun 29 por cento.

    Fonte: Europa Press

    A Lei de cine establece tamén subvencións do Goberno Central para longametraxes rodadas en linguas distintas do castelán.

    Fonte: La Información

    22 de outubro de 2009

    A Lei de cine establece tamén subvencións do Goberno Central para longametraxes rodadas en linguas distintas do castelán.

    Fonte: La Información

    22 de outubro de 2009

    Arredor de 196 linguas da India están en perigo de extinción, segundo un recente estudo da Unesco, e un grupo de lingüistas, especialistas e responsables políticos reúnense nun seminario internacional de dous días para debater como salvar estas linguas.

    Fonte: Sify

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a traballar na posta en marcha da primeira Rede de dinamización lingüística local, que ten como obxectivo prioritario fomentar a extensión do uso da lingua galega neste ámbito.

    Fonte: Xunta de Galicia

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, convidou o portavoz da plataforma ‘Queremos Galego’, Francisco Rei, a exporlle en persoa as súas inquedanzas sobre a promoción e protección da lingua galega que está a facer a Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder