Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de outubro de 2009

    A plataforma dixital "Micastellano.com", impulsada pola Junta de Castilla y León, cobrará protagonismo na difusión da aprendizaxe do español en Estados Unidos a partir do convenio asinado pola Fundación Instituto Castelán e Leonés da Lingua e a Academia Norteamericana da Lingua Española.

    Fonte: ABC

    23 de outubro de 2009

    O presidente da Coordinadora de Traballadores da Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal, lembrou a obrigación que teñen os concellos de fomentar o proceso de normalización lingüística dentro da sociedade.

    Fonte: Europa Press

    A lingua catalá será invitada de honor da feira Expolangues que se celebrará en París do 3 ao 6 de febreiro de 2010, certame no que o catalán sempre tivo un posto pero nunca este protagonismo, que mostra o "incipiente recoñecemento" das linguas que hai en Francia e que non son o francés.

    O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, inaugurou o seminario no que se presentou o proxecto “CHINESECOM: Aprendendo linguas para unha sociedade global”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de outubro de 2009

    A ministra de Educación, Julia Gillard, anunciou un financiamento de 46.000 dólares para o programa de linguas na escola, co fin de estender e actualizar a Declaración Nacional 2005-2008 e o Plan para a formación en linguas nas escolas de Australia.

    Fonte: The Gov Monitor

    A empresa Blazing Ideas Limited pediu usar as linguas indíxenas nas escolas de educación primaria e secundaria de Nixeria para evitar a súa extinción.

    Fonte: This Day

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder