Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de outubro de 2009

    O grupo parlamentario de Nafarroa Bai ten previsto presentar unha emenda de substitución á proposta de modificación da Lei foral do éuscaro de Izquierda Unida de Navarra (IUN) na que esixe a cooficialidade das dúas linguas propias de Navarra en todo o territorio.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    O receo da Generalitat Valenciana contra a Filoloxía Catalá non só afecta ás sucesivas oposicións docentes nesta comunidade. A bolsa de traballo, que non saía desde había tres anos, tampouco admite esta titulación superior.

    Fonte: Levante

    O Pleno do Concello da Coruña rexeitou a iniciativa presentada polo Partido Popular de Galicia (PPdeG) para instar a Xunta a presentar unha disposición adicional que recolla a cooficialidade do topónimo da cidade nas súas formas castelá e galega.

    Fonte: ADN

    O Parlamento vasco pediulle ao Goberno de Patxi López que realice «unha valoración adecuada do éuscaro como mérito» nas ofertas públicas de emprego (OPE) de Osakidetza (Sanidade pública vasca).

    Fonte: El Correo Digital

    26 de outubro de 2009

    Case 200 linguas da India corren o risco de desaparecer se os pais non fan esforzos para mantelas nun sistema educativo que privilexia o hindi e o inglés, segundo aseguraron diferentes especialistas.

    Fonte: EFE

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder