Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de outubro de 2009

    Os internautas poderán en diante contar co novo Portal lingüístico de Canadá (www.noslangues.gc.ca), unha nova ferramenta en internet que lles permitirá encontrar de balde e nun único lugar todos os recursos relacionados coa lingua, incluído o servizo TERMIUM PLUS, un banco de datos que contén case catro millóns de termos en inglés, francés e español.

    Fonte: Cyberpresse

    09 de outubro de 2009

    O novo conselleiro de Educación, Alberto Catalán, apostou por afondar na colaboración co País Vasco iniciada en materia de éuscaro coa sinatura dun protocolo xeral o pasado mes de xullo, "un avance posible grazas ao evidente cambio de actitude no Goberno vasco", segundo Catalán.

    Fonte: Diario de Navarra

    O Goberno central dirixiuse ao catalán cuestionando que a Generalitat de Catalunya poida fixar os programas e os horarios das ensinanzas non universitarias e crear un corpo propio de catedráticos de secundaria como prevé a lei de educación catalá.

    Fonte: El País

    O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, apostou por introducir o galego nas empresas como medida para normalizar o uso desta lingua, en resposta a unha pregunta do deputado do Bloque Nacionalista Galego Bieito Lobeira, na que denunciou que existe "un problema obxectivo" no mundo empresarial no que "necesariamente ten que entrar o Goberno".

    Fonte: Europa Press

    A través do proxecto de Lei de linguas nativas, o Ministerio de Cultura, en concertación coas comunidades, busca garantir a protección e preservación das 68 linguas nativas existentes en Colombia (65 indíxenas, 2 crioulas afroamericanas e o idioma do pobo xitano), e que forman parte do patrimonio intanxible da Nación e da Humanidade.

    Fonte: Entretenimiento Plus

    O Pleno das Cortes de Aragón aprobou a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Socialista relativa á protección das linguas minoritarias da comunidade autónoma: o aragonés e o catalán.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder