Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de outubro de 2009

    O ex-presidente de Francia Jacques Chirac presentou a súa fundación para a conservación das linguas raras, co obxectivo de producir filmes e lanzar un sitio web en internet para informar sobre as cerca de 6 mil linguas actualmente faladas en todo o mundo.

    Fonte: O Globo

    07 de outubro de 2009

    Tras a posta en marcha de TRT 6 en lingua kurda, a televisión pública TRT ten a intención de transmitir a súa programación en árabe e francés no ano 2010 e incorporar posteriormente tamén o inglés.

    Fonte: SatCesc

    Posto que México se encontra entre os dez países do mundo con maior número de linguas maternas faladas nun mesmo territorio, Fernando Nava, director do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), anunciou o inicio da campaña "Os dereitos lingüísticos dos nenos".

    Fonte: El Imparcial

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou a súa primeira visita institucional á Deputación de Ourense, onde foi recibido polo seu presidente, José Luis Baltar. Durante a reunión que mantiveron, Lorenzo e Baltar expresaron o seu interese na posibilidade de establecer unha colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Ourense para desenvolver conxuntamente iniciativas que incidan na promoción do uso da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron o programa Volangteer, un proxecto europeo que ten como obxectivo principal promover o uso do galego entre as persoas estranxeiras que estudan en Galicia e, desta maneira, aumentar o seu coñecemento da realidade sociocultural galega así como a súa integración, comprensión intercultural e solidariedade.

    A bases do Partido Aragonés (PAR) esíxenlles aos seus portavoces nas Cortes que se pronuncien claramente en defensa do aragonés da zona oriental e que rexeiten totalmente a inclusión do catalán. De non ser así, consideran que se estarán traizoando as ideas do PAR e de Aragón e que os seus votantes non o perdoarán.

    Fonte: El Libre Pensador

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder