Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de setembro de 2009

    Música, lingua e moita diversión. Estes son os principais ingredientes das Festas dos Axóuxeres, que o pasado sábado arrancaron cunha excelente acollida na cidade da Coruña, onde fixeron gozar os máis pequenos da casa a través da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de setembro de 2009

    A cuestión sobre se cómpre simplificar a ortografía do francés volve ser motivo de debate como consecuencia da recente publicación dunha obra de François de Closets que leva por título Zéro Faute na que recomenda unha simplificación masiva da lingua francesa.

    Fonte: 20minutes

    Timor-Leste converteuse no quinto Estado membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) en ratificar o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa, segundo anunciou o Ministerio de Cultura de Portugal.

    Fonte: Expresso

    A estatal Televisión Central de China (CCTV) iniciará o 10 de setembro as emisións dunha canle en lingua rusa, co que pasará a ter un total de cinco canles en idiomas estranxeiros.

    Fonte: Centro de Información por Internet de China

    O uso da lingua española está condicionado polas limitacións dos novos soportes tecnolóxicos, segundo o estudo ‘A calidade do español na rede. Novos usos da lingua nos medios dixitais’, de Fundación Telefónica.

    Fonte: Aprendemas.com

    O máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o Goberno galego garantirá na nova lei do comercio a "liberdade lingüística" na rotulación dos negocios.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder