Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de setembro de 2009

    A partir do vindeiro martes, 8 de setembro, La 1 de Televisión Española intentará ensinarlles aos espectadores a orixe de moitas das palabras que se utilizan no español no programa 'Sacalalengua'. A primeira entrega estará dedicada aos nomes e apelidos.

    Fonte: FórmulaTV

    03 de setembro de 2009

    "A Administración ten que garantir o uso de calquera das linguas oficiais nas relacións cos cidadáns», reza o Código de Boas Prácticas Administrativas elaborado polo Síndic de Greuges (Valedor do Pobo de Cataluña), Rafael Ribó, quen llo entregou ao presidente do Parlamento catalán, Ernest Benach.

    Fonte: El Mundo

    Aproximadamente unhas dez mil persoas asistiron na cidade eslovaca de Dunajská Streda (Dunaszerdahely) a un acto organizado polo Partido da Coalición Húngara SMK-MKP, para protestar pola nova Lei do idioma estatal, que entrou en vigor o 1 de setembro.

    Fonte: Radio Slovakia International

    O Concello de Elorrio elaborará un traballo de investigación sobre o éuscaro nesta localidade para afondar nas súas particularidades, segundo informaron fontes municipais.

    Fonte: Deia

    Os tres grupos parlamentarios, PP, PSOE e BNG, deron o seu visto e prace a unha proposta remitida polo Consello de Europa (CE) para establecer uns "mínimos" comúns a todos os Estados membro nos dereitos de tradución e interpretación nun proceso penal, cando o acusado non coñece a lingua na que este se desenvolve.

    Fonte: Xornal.com

    02 de setembro de 2009

    Chega setembro e con el, ademais da volta ao cole, as Festas dos Axóuxeres, unha programación de música e palabra para os máis pequenos da casa que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder