O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da exposición “Carvalho Calero. Mostra Bibliográfica”, que se celebrou na sede de Afundación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da exposición “Carvalho Calero. Mostra Bibliográfica”, que se celebrou na sede de Afundación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo elaborado polo British Council e o Instituto de Pesquisa Data Popular revelou que o 95 % da cidadanía brasileira non fala con fluidez a lingua inglesa.
Fonte: Costa Norte
Centos de persoas manifestáronse na localidade vascofrancesa de Saint-Jean-de-Luz para denunciar a agresión a un falante de éuscaro.
Fonte: Franceinfo
O Goberno do País de Gales financiará con máis dun millón de libras un programa que permitirá a expansión da inmersión lingüística en galés no municipio de Gwynedd.
Fonte: Nation Cymru
A Consellería de Fondos Europeos, Universidade e Cultura comunica que estas axudas se distribuirán entre concellos, persoas físicas e asociacións sen ánimo de lucro que levaron a cabo actuacións para fomentar o uso do catalán.
Fonte: Última Hora
Ao considerar que a presenza do éuscaro é aínda moi escasa na sociedade, o goberno levará a cabo un estudo durante os próximos seis meses co obxectivo de revisar os investimentos e as accións impulsadas polas deputacións vascas para o fomento desta lingua.
Fonte: El Independiente
O Pleno da Real Academia Galega acordou renderlle homenaxe o ano que vén a Florencio Delgado Gurriarán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora.
Fonte: Real Academia Galega
O concurso de relato oral "Tíralle da lingua", dirixido ao alumnado e ao profesorado dos distintos niveis educativos, ten como obxectivo promover e normalizar o uso oral do galego. Os participantes poderán contar nesta lingua historias de base popular, de base literaria ou de creación propia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Autoridade Unitaria de Carmarthenshire, no sur de Gales, quere aprobar un plan estratéxico que garantirá que todo o alumnado remate o sistema educativo obrigatorio falando con fluidez tanto o galés como o inglés.
Fonte: South Wales Guardian
Desde que o Goberno de Israel introduciu o chinés no currículo nacional como materia optativa en 2009, a aprendizaxe desta lingua non deixou de medrar en todo o país.
Fonte: Xinhua Net
Subscríbase ao boletín