O ministro de Gaeltacht e Deportes da República de Irlanda, Jack Chambers, aprobou un plan de promoción do gaélico no municipio de West Mayo, no noroeste do país.
Fonte: Gov.ie
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro de Gaeltacht e Deportes da República de Irlanda, Jack Chambers, aprobou un plan de promoción do gaélico no municipio de West Mayo, no noroeste do país.
Fonte: Gov.ie
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro cos participantes no festival de artes escénicas da Universidade de Santiago de Compostela USCénica. No encontro participaron tamén o reitor da devandita Universidade, Antonio López, e a vicerreitora de Igualdade, Cristina López.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Vicepresidencia e Consellería de Igualdade e Políticas Inclusivas e o Centro de Idiomas da Universidade de Valencia colaboran para fomentar a inclusión das persoas migrantes a través da aprendizaxe das linguas oficiais da Comunidade Valenciana, co obxectivo de poderen atopar traballo ou acceder aos servizos básicos da sanidade, da educación e dos servizos sociais.
Fonte: El Periòdic
Xa se pode consultar a nova proposta do Centro de Terminoloxía Asturiana, que publicou a “Terminoloxía de deportes y pruebes olímpiques”. Trátase da terminoloxía asturiana dos Xogos olímpicos.
Fonte: Diario Alerta
A Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón e a Fundación Rosalía de Castro estrean a visita virtual ao museo para celebrar os 50 anos da súa apertura.
Fonte: Cultura galega
O deputado do BNG, Manuel Lourenzo, pediu explicacións á Secretaría Xeral de Política Lingüística “por pedir ao corpo avaliador do Celga 4 que obviara os criterios de pronuncia e entoación no caso de candidatos de fóra de Galicia”.
Fonte: Nós Diario
A peza teatral A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro lidera con oito finalistas as nominacións para a XXV edición dos premios María Casares que se entregarán o 9 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Fonte: Quincemil
Un estudo elaborado polo British Council revelou que a maior parte do alumnado de primaria e un 40 % do alumnado de secundaria do Reino Unido non recibiu ningún tipo de docencia en linguas estranxeiras durante o primeiro confinamento da covid-19.
Fonte: The Guardian
O expresidente da República de Cabo Verde, Pedro Pires, demandou máis apoio financeiro para o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) co fin de potenciar o ensino do portugués na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: RTP Notícias
O Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco, Relacións Cidadás e Euskararen erakunde publikoa-Office public de la langue basque (o Organismo Público da Lingua Vasca) seguen colaborando en materia de política lingüística a través do convenio Hiruko Ituna. O seu obxectivo para este ano é establecer un plan de actuación específico para promover o éuscaro desde a educación e o ensino da lingua a persoas adultas, fomentar o seu uso e as investigacións sociolingüísticas e cooperar no marco europeo.
Subscríbase ao boletín