Dous xornalistas da BBC, Joy Dunlop e Calum Maclean, crean a iniciativa SpeakGaelic, unha nova ferramenta que promoverá o uso e a aprendizaxe da lingua gaélica en Escocia.
Fonte: Forres Gazette
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Dous xornalistas da BBC, Joy Dunlop e Calum Maclean, crean a iniciativa SpeakGaelic, unha nova ferramenta que promoverá o uso e a aprendizaxe da lingua gaélica en Escocia.
Fonte: Forres Gazette
A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (Oepli) seleccionou 17 títulos en galego do seu catálogo anual de literatura e banda deseñada.
Fonte: Cultura galega
A Primeira Nación Wolastoqey da provincia canadense de Novo Brunswick recupera a denominación indíxena do río Saint-Jean que pasará a chamarse Wolastoq.
Fonte: Radio-Canada
A profesora Andrea Maceiras foi galardoada co premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, coa novela Que se me pare o corazón se te esquezo, sobre as tensións das redes sociais na mocidade.
Fonte: Cultura galega
O Goberno da República de Irlanda anunciou que a nova lei de Linguas Oficiais estipulará que antes de 2030 o 20 % do funcionariado que traballe na función pública deberá falar gaélico irlandés con fluidez.
Fonte: The Irish Times
Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, incorpora termos actuais como koronabirus, telelangutza, gobernantza ou heteropatriarkal ao seu dicionario de éuscaro Euskaltzaindiaren Hiztegia.
Fonte: Noticias de Navarra
No marco do II Plan Municipal de Cidadanía e Diversidade, o Concello promove a narración de relatos en éuscaro e castelán que fomenten a convivencia en diversidade e acheguen unha nova perspectiva sobre as persoas migrantes.
Fonte: 20 minutos
A Xunta de Galicia, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, sumouse en Barcelona aos actos de conmemoración do 30° aniversario da Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat), que se abriron cunha ofrenda floral ao pé do busto de Rosalía de Castro que loce na praza Padrón de Mollet del Vallès.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ministro de Gaeltacht e Deportes da República de Irlanda, Jack Chambers, aprobou un plan de promoción do gaélico no municipio de West Mayo, no noroeste do país.
Fonte: Gov.ie
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro cos participantes no festival de artes escénicas da Universidade de Santiago de Compostela USCénica. No encontro participaron tamén o reitor da devandita Universidade, Antonio López, e a vicerreitora de Igualdade, Cristina López.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín