Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xullo de 2021

    O premio vai dirixido ao alumnado que presente traballos na próxima edición da Escola de Verán de Lingüística Catalá (EDELC) co obxectivo de fomentar a investigación, recoñecer a figura de Moll como filóloga e lingüista e favorecer a interacción e as colaboracións cos especialistas para crear unha rede de apoio en estudos lingüísticos sobre a lingua catalá.

    Fonte: 20 minutos

    15 de xullo de 2021

    O Concello de Vitoria colabora coa asociación Geu Elkartea nun proxecto de fomento do uso do éuscaro no sector socioeconómico, na mocidade e nos barrios da cidade.

    Fonte: Noticias de Álava

    15 de xullo de 2021

    A proposta da Comisión Permanente do Consello Social da Lingua Catalá, o Goberno balear impulsa a elaboración dun informe sobre a situación do catalán coa finalidade de determinar os obxectivos cumpridos e os que están pendentes.

    Fonte: Última Hora

    14 de xullo de 2021

    O Goberno de Malta decretou o peche de todas as escolas de ensino da lingua inglesa a partir do 14 de xullo a causa do incremento de casos de covid-19. Esta medida podería ocasionar perdas económicas de até 40 millóns de euros.

    Fonte: The Pie News

    14 de xullo de 2021

    Cento vinte e cinco centros educativos de toda Galicia participaron na última edición do concurso "Contádenos o voso Día das Letras", convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto Primavera das Letras.

    Fonte: Real Academia Galega

    14 de xullo de 2021

    Un relatorio mostra que o RTP2, o segundo canle da RTP (Radio e Televisión de Portugal), volve incumprir por cuarto ano consecutivo as cotas de programación en lingua portuguesa.

    Fonte: Público

    14 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición de pintura, debuxo e cerámica Camiño Longo, do pontevedrés Xosé Luís Seara. No acto, que incluíu unha visita guiada, interviñeron tamén Tino Cordal, concelleiro de Cultura de Cambados, e o propio artista.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de xullo de 2021

    Culturgal presentou un avance das principais liñas arredor das que desenvolverá a súa edición de 2021, que terá lugar do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e para a que volverá contar co apoio económico da Xunta de Galicia como principal entidade patrocinadora. 

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de xullo de 2021

    Durante as actividades programadas pola Universidade de Zaragoza no seu campus de verán de Xaca entre o 14 e o 16 de xullo, varios especialistas revisarán a historia e a realidade actual da literatura aragonesa escrita en aragonés e catalán. Tamén se analizarán as interaccións entre estas dúas linguas e o castelán en distintos territorios.

    Fonte: AraInfo

    14 de xullo de 2021

    O programa do consorcio busca facilitar o uso do catalán na atención ao público do comercio local e garantir que as persoas con pouco coñecemento desta lingua que traballen nos establecementos comerciais teñan acceso á súa aprendizaxe.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder