Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de xullo de 2021

    A Sociedade de Ciencias Aranzadi e a Fundación Elkano publican o primeiro planisferio celeste de Euskadi escrito completamente en éuscaro, con motivo da celebración do 500 aniversario da primeira volta ao mundo do mariño vasco Juan Sebastián Elcano.

    Fonte: Cadena SER

    20 de xullo de 2021

    O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, avaliaron as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión. Durante a xuntanza, ambos coincidiron na necesidade de seguir fomentando o uso do galego entre a xuventude e nas empresas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de xullo de 2021

    A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o uso exclusivo do castelán nas redes sociais de Turismo Rías Baixas, servizo que depende da Deputación de Pontevedra.

    Fonte: Galicia Confidencial

    20 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na Coruña no acto de presentación do novo volume da Biblioteca Filolóxica Galega, integrada por traballos do Instituto da Lingua Galega e publicada pola Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de xullo de 2021

    O programa de ocio que organiza a ludoteca municipal Txantxari de Altsasu volve este verán para seguir reforzando o éuscaro durante as vacacións e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

    Fonte: Noticias de Navarra

    20 de xullo de 2021

    O Instituto de Estudos Eivisencos levará a cabo os seus obradoiros desde o día 2 ao 31 de agosto coa colaboración do Concello de Eivisa. O seu obxectivo é fomentar o uso social do catalán, sobre todo entre aquelas persoas que xa contan con nocións básicas da lingua pero que aínda non se animan a falala.

    Fonte: Periódico de Ibiza

    20 de xullo de 2021

    O XIII Cumio de Xefes de Estado e de Goberno da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) aprobou a admisión de España como observador asociado e a asociación Docentes de Português na Galiza como observador consultivo.

    Fonte: Academia Galega da Língua Portuguesa

    19 de xullo de 2021

    A Fundación Rosalía rendeulle homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández concedéndolle a Rosa de Galicia a título póstumo. O recoñecemento ao académico, presidente da Real Academia Galega durante unha década, tivo lugar no marco da celebración dos cincuenta anos da apertura da Casa da Matanza como museo da escritora.

    Fonte: Real Academia Galega

    19 de xullo de 2021

    O escritor mozambicano Mia Couto recibiu na vila de Esposende o premio literario Manuel de Boaventura pola súa novela O Mapeador de Ausências.

    Fonte: Renascença

    19 de xullo de 2021

    A cidade de Vila-real é a elixida este ano para celebrar o evento autonómico da Nit d’Escola Valenciana, que cada ano recoñece as persoas e as entidades que destacan por traballar na defensa e na promoción da lingua e da cultura valencianas.

    Fonte: El Periòdic

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder