Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de xullo de 2021

    As subvencións van destinadas aos veciños e ás veciñas da comarca que realizaron cursos para aprender éuscaro entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021. Tamén se convocan axudas económicas para a mocidade que participou ou participa en campamentos de verán nesta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    22 de xullo de 2021

    Como proposta da asociación Nafarroa Aurrera, que ten o obxectivo de impulsar a cultura popular e o éuscaro en Sartaguda, o Concello local inicia o cambio das placas das rúas da localidade para que se poidan ler en castelán e en éuscaro como unha medida de enriquecemento cultural e de normalización desta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    22 de xullo de 2021

    O Laboratorio de Innovación Lingüística e Social BADALAB nace da colaboración entre institucións e axentes sociais do éuscaro no ámbito da iniciativa Etorkizuna Eraikiz. Este proxecto tratará de identificar novas oportunidades para fortalecer o éuscaro e buscará que esta lingua estea presente en novos contextos dixitais e iniciativas sociais.

    Fonte: Euskadi Noticias

    22 de xullo de 2021

    Todos os teclados de computador dos organismos públicos de Irlanda deberán a partir de agora ofrecer a posibilidade de escribir todos os caracteres do gaélico, especialmente o acento agudo nas vogais.

    Fonte: Independent

    21 de xullo de 2021

    Estonia contará cunha plataforma de tradución que garantirá o uso e desenvolvemento da lingua estoniana no contexto da tecnoloxía dixital.

    Fonte: ERR

    21 de xullo de 2021

    O Centro de Investigación en Estudos da Crianza (CIEC) da Universidade do Miño e o Agrupamento de Escolas de Póvoa de Lanhoso (AEPL) desenvolveron o proxecto GameLet que consiste nunha aplicación dixital con xogos para que adolescentes melloren as súas competencias en linguas estranxeiras.

    Fonte: Braga TV

    21 de xullo de 2021

    O académico correspondente Gonzalo Navaza recolleu a orixe e o significado dos nomes dos 93 concellos da provincia da Coruña nunha nova publicación da Real Academia Galega xa dispoñible en versión dixital na sección de publicacións desta páxina web.

    Fonte: RAG

    21 de xullo de 2021

    A pesar de que o ensino de inmersión en galés segue medrando, o Goberno de Gales non cumpriu os obxectivos previstos e o ritmo de crecemento é menor do esperado. Estes obxectivos son fundamentais para poder atinxir a cifra do millón de falantes de galés antes de 2050.

    Fonte: BBC

    21 de xullo de 2021

    O Goberno de Corea do Norte advertiu a través de medios oficiais que a xente nova debe usar o estándar oficial imposto polo país en detrimento do argot procedente de Corea do Sur.

    Fonte: BBC 

    21 de xullo de 2021

    A conselleira de Cultura de Cataluña explica que as subvencións dirixidas a plataformas audiovisuais como Netflix, Rakuten ou Filmin formarán parte das accións do plan nacional para a lingua que prepara a Generalitat co obxectivo de protexer o catalán e adaptar o seu fomento á era dixital.

    Fonte: 20 minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder