A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, polas súas siglas en inglés) trasladou unha queixa formal á ONU pola discriminación que seguen a sufrir as linguas vernáculas de Francia por parte do Estado francés.
Fonte: ELEN
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, polas súas siglas en inglés) trasladou unha queixa formal á ONU pola discriminación que seguen a sufrir as linguas vernáculas de Francia por parte do Estado francés.
Fonte: ELEN
A Real Academia Galega acolleu unha escola de verán de tradución de alumnos e alumnas da Universidade de Kiel centrada na obra de Emilia Pardo Bazán. O programa, organizado polo profesor da institución alemá Javier Gómez Montero, permitiulles afondar na obra da autora e coñecer a súa casa-museo e o conxunto do patrimonio cultural que custodia a RAG.
Fonte: Real Academia Galega
Ao ser un dos ámbitos de socialización fundamentais para a mocidade, o deporte é un factor clave para asentar o hábito do uso do éuscaro. Por esta razón, o obxectivo do “Plan de Fomento del Euskara en el Deporte 2021-2024” é promover o uso desta lingua entre as persoas menores de 18 anos que practican deporte e facilitar que se comuniquen tamén nesta lingua cos seus adestradores ou adestradoras e cos árbitros ou árbitras.
O director executivo da canle en lingua galesa S4C, Owen Evans, abandonou o cargo coa satisfacción de ver como as porcentaxes de audiencia medraron en todas as plataformas.
Fonte: Business Live
A USC e a Xunta colaborarán nun proxecto sobre o neofalantismo. A proposta inicial inclúe a elaboración dun portal e o aproveitamento de aplicacións sociais para implicar a colectivos que optaron por incorporar a lingua galega nas súas interaccións cotiás.
Fonte: USC
A escola Water Mill de Birmingham considérase popularmente unha pequena oficina das Nacións Unidas xa que o seu alumnado fala un total de 30 linguas diferentes. As aulas son impartidas en inglés mais o profesorado saca bo proveito desta gran diversidade lingüística e cultural.
Fonte: Metro
Ser de Andrea Castaño Rodríguez recibiu o Premio de Relato Curto outorgado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni). O galardón está dotado con 500 euros grazas ao patrocinio do hospital HM Rosaleda.
Fonte: USC
Unha tese de doutoramento presentada pola xa doutora Marta Díaz na Universidade de Vigo defende os beneficios da escolarización en galego e conclúe que a educación infantil é primordial para o futuro do idioma.
Fonte: DUVI
Fonte: Cultura galega
A Secretaría de Política Lingüística publica sete novos vídeos da serie “Màgia per conversar”, un recurso audiovisual que ten como obxectivo estimular a conversa en lingua catalá a partir de xogos de maxia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín